media distancia que hai entre tí e eu

No meu corpo aínda teño espazos en branco...

18.4.12

 





Descansei no patio horizontal da repetitiva cor gris,
nun polígono de brisa, choiva e durmida nube.
Cun esguello da morte, habitei o dimensionado azibache de silencio.
Atrancábaseme o corpo no palíndromo universal,
e niso...
chegou o teu abril floritura.

Xa completei un xiro de cento oitenta graos de beleza,
e enzarrapiquei o cadmio polos meus dedos cun naufragar de primavera.








Imaxe e poema de
Sebas Anxo

5 comentarios:

  1. moi chulo, ...eu ando a pensar que había que tender os retales de néboa a ver se secan...; este poema teu, non sei porqué
    fíxome recordar esa vella imaxen de névoa recortada nun tendal que me rondaba na cabeza unha vez..., vou repensar...
    Creo que foi: descansei, patio horizontal, gris, durmida nube, azibache de silencio...

    Felisa.

    Pd.- ...enzarrapiquei será un verbo que se conxuga por Cambados, preguntareille a Xan ou a Chicho..., non coñecía pero faí sorrir imaxinar a conxugacion de enzarrapicar.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. pois eu tíñaa na cabeza e mirei por se acaso se a escribía ben, e efectivamente pode ser: zarrapicar ou enzarrapicar, que ven sendo salpicar ou mollar algo, humedecer. A mín encántame..e grazas polo teu comentario, dame unhas ás que non vexas

      Eliminar
  2. Os espazos en branco están cheos de ás e liberdade para a imaxinación...Sobrevoan os teus versos imaxes fermosísimas. Case que podo enredarme nese polígono de brisa, ou admirar o brillo que o sol lle arrinca a ese azibache de silencio. E admirable é a imaxe que acompaña ao texto. Todo xunto compón unha magnífica entrada. Descoñecía por completo esta faciana túa de poeta. Claro está que fai como mogollón de anos que non nos vemos...En todo caso encántame que Marta me trouxera hata aquí. Unha aperta, Sebas. Verónica

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois é certo, Verónica e alégrome tanto, non o sabes ti ben! que poidas ver esto! e eu a ti! anque sexa en fotografías!. Unha aperta enorme e grazas polas túas palabras fermosas...cando esteas por aquí da un toque e compartimos parolada! Bicos

      Eliminar
  3. Ohhh!!! Que descubrimiento tan fantastico, encantame, e un poema maravilloso que transporta a imaxinacion.

    ResponderEliminar