media distancia que hai entre tí e eu

No meu corpo aínda teño espazos en branco...

28.1.12

Tiña unha advertencia no meu peito filla da impaciencia.
  e ao se por o sol, ese momento de luz-sorte tróuxome ao chan de novo.


25.1.12






 I.

Imán pesado:

quizais eses números-poetas
tal vez un golpe adiestrándonos a todos
a xogar a que o ceo existe
como corda e buraco de sal
un raio eterno cravado na pedra
meridiano, caído dun horizonte saboteado


 sebas anxo
 

Entre o ceo e a cabeza, é a zona privada para os meus-teus ollos

sebas anxo





22.1.12







Atrapar o chan.

Hai algo fermoso no crecemento e no declive das cousas. É eso que chamamos tempo?. Quedo mirando (sempre o fixen) e sí se percibe.
Cando pintei esto naveguei nel.

Se houbese que elixir prefiro o proceso.

Estes frotages son dúas pezas que utilicei para o fanzine de A Travesa, para a portada e contraportada.

Atopo neles algo que me atrae. Son como Mandalas. Coleime un dia por un deles, o de entrada, e saín polo outro renovado.


















Que mágoa 2
Non tiña nada de particular aquela muller. O Sol, abrasouna. Fíxolle dano, por iso tiveron que retirala dos seus 10 m2. Que mágoa. Tiña a frase preparada. Seguro que conseguía que erguese a cabeza para que vise o ceo a través do cristal e poder facer unha fotografía. Tes moi poucas ocasións para atrapar ese instante. Agora xa estou camiñando cara outro lado da cidade.

anxo






 









Mágoa 1

Cartón e plástico condimentado con idealización.
Buceando nos arquivos de non sei que ano. (esto debe ser de Portugal)
Quería subirlle a especie de sombreiro que lle puxeron na cabeza. Entre a posición , o xesto e o sombreiro daban ganas de axexar por debaixo, mirala aos ollos. Pero non era de verdade. Ou quizáis si? Non sei por qué non o fixen. Mágoa













cambio 1

Pensei:  

Entre esta fotografía "R-stablishment" e os "100 fois" coñecín doutra vez a incertidume e a verdade. 
Coñecer a incertidume foi doloroso. Coñecer a verdade máis.
É o paso tan rápido do tempo o que non te deixa reaccionar. 

Pero agora xa non é así, nen o estudio, nen eu. Agora ten outra pegada e non hai obxectos que aparecen, xa non os quería ter, xa os eliminei. 
A cor e a luz que existe débese a que estaba o verán rematando.
 
Agora tamén eu teño outro xesto, coa cabeza entre o ceo e o chan. Invítote. Invítote para que me axudes a que siga cambiando. 

sebas













100 fois entre le ciel e o pescozo. videos 1-2 promo




Ao son do papel que me acompaña como seres que foron proxectos...
Agora ahí no chan                       moi lonxe das paredes-ceo
Maltratados e esquecidos
Non serven para                  marco-madeira-branca-negra-caixa
Agarimosamente acolledora onde o visitante-vexo             queda
Agora ninguén mira                                         xa non
Xa non son eles
Algún día os recoñecín como dignos anacos de verdadeiro   collage
Pero creo na gracia do tempo       e       no azar que me ilumina
Creo nas sortes que veñen de lugares                 descoñecidos


Sí é un bon comezo para compartir
                                                   sebas anxo